Pedro Sánchez é reelixido secretario xeral do PSOE co apoio do 90% dos delegados e delegadas no Congreso da formación, que se pechou este domingo en Sevilla. O presidente do Goberno anuncia a creación dunha "grande empresa pública de vivienda", comunica a súa intención de presentarse á reelección e sitúa como primeira prioridade as eleccións locais e autonómicas de 2027, co obxectivo de recuperar o poder territorial perdido ante PP e VOX. O PSdeG gaña representación, con cinco postos na Executiva (Abel Caballero, César Mogo, Inés Rey, Enma López e Manuel García Salgado) e sete no Comité Federal (José Ramón Gómez Besteiro, Valentín González Formoso, Carmela Silva, José Tomé, Patricia Otero, Marga Martín e Marta Álvarez-Santullano)