Aprobada polo Consello de Ministros a ampliación das bonificacións nas peaxes da AP-9 para viaxeiros frecuentes. A novidade, que formou parte do acordado entre PSOE e BNG, é que co actual modelo de desconto do 50% para quen faga o mesmo traxecto de ida e volta dende os mesmos puntos quen ademais sume 20 viaxes ao mes, ese desconto chegue ao 75%: o 50% actual –con independencia do número de viaxes– e a metade da viaxe de ida. [📸 Ministerio de Transportes]
