A defensa do maquinista de Angrois e a Fiscalía presentan os seus recursos contra a sentenza que condenou en igualdade de condicións o condutor do tren e o ex-xefe de seguridade do Adif. Segundo o previsto, a representación legal de Francisco José Garzón reclama a absolución e o Ministerio Público pide deixalo como único culpable, liberando de condena a Andrés Cortabitarte. Todos os detalles, este xoves en Praza.gal. Na imaxe, Mario Piñeiro, representante da Fiscalía no xuízo [CC BY-NC-SA Praza.gal]
- A Fiscalía ratifica a viraxe e pide retirar a condena por Angrois ao cargo de Adif pero mantela ao maquinista
- HEMEROTECA | A Fiscalía retira a acusación contra o cargo de Adif e mantén a petición de catro anos de cadea para o maquinista de Angrois
- HEMEROTECA | Condenada a verdade oficial do accidente de Angrois