Rafael Louzán perfílase como vindeiro presidente da Federación Española de Fútbol entre dúbidas da compatibilidade do cargo coa condena por inhabilitación que lle ratificou a Audiencia de Pontevedra en 2022 por un caso da súa etapa como presidente da Deputación e ten recorrida ante o Supremo. O ex-líder provincial do PP pontevedrés vén defendendo que ao tratarse dunha sentenza que polo momento non é firme, pode aspirar ao posto igual que exerce a presidencia da Federación Galega de Fútbol dende hai unha década. [Imaxe: © FGF]
- HEMEROTECA | Só o Supremo pode evitar que Louzán deixe de presidir o fútbol galego
- HEMEROTECA | A Audiencia de Pontevedra confirma a condena de Louzán por prevaricación e absolve a ex-alcaldesa de Moraña
- HEMEROTECA | O 24-M converte a Louzán en presidente do fútbol galego a xornada completa
- HEMEROTECA | Louzán, presidente do fútbol galego tras 70 campos de herba artificial