O Parlamento Europeo dá luz verde á nova Comisión Europea por 370 votos a prol e 282 en contra. Entre os membros galegos da Eurocámara o socialista Nicolás González Casares votou a prol. O popular Francisco Millán Mon votou en contra, en liña dia directriz do PP español para rexeitar o nomeamento de Teresa Ribera como comisaria e número dous de Ursula Von de Leyen. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tamén se opuxo, sinalando no seu caso que "non podemos apoiar a quen destrúe os sectores produtivos galegos, promove a austeridade e avala o xenocidio en Gaza". [Imaxe: © Comisión Europea]
- HEMEROTECA | Gaña Ribera, perde Weber e Feijóo queda só: dez días de ruído en Bruxelas que non moveron nada
- HEMEROTECA | As tres grandes familias políticas da UE acordan o reparto de altos cargos sen os ultras
- HEMEROTECA | Un Europarlamento con maioría da dereita e mais a extrema dereita no que a esquerda aguanta