A edición 2024 do Culturgal botou a andar este venres no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde ata o domingo se verá o mellor da produción artística do país cunha variada programación con ofertas para todos os públicos. Actividades infantís, proxeccións, teatro, presentacións literarias, debates, e concertos.
