A Coruña aproba o exame de avaliación da FIFA para ser unha das sedes do Mundial 2030. A candidatura do estadio de Riazor obtivo, iso si, a nota máis baixa de todas as cidades europeas, con 3,4 puntos sobre 5 e supera unicamente a de Asunción (Paraguai). As cualificacións máis baixas para a cidade herculina corresponden a aloxamento (2,9) e conectividade internacional (1,7)
