Este domingo péchase o Culturgal cunha intensa xornada na que destacan a presenza de Manuel Rivas, a presentación de A gran final. Contos e contas do fútbol galego, a estrea da cuarta e última entrega do espectáculo A nena e o grilo, o camiño das cores e o acto Somos pandereteiras, coa vista posta no vindeiro Día das Letras, no que Bouba pandereteiras, Ana Romaní, María Reimóndez, Susana S. Arins, Andrea Nunes Brións e Mercedes Peón conversarán con Selina Otero.
Este sábado máis de 700 persoas gozaron da Ultranoite Cultureta de Chévere, nunha xornada que tamén tivo a música de Caamaño&Ameixeiras e Pava, a poesía de Olga Novo ou a proxección de As Neves e a representación de Reconversión