O 1 de decembro de 1834, hai hoxe 190 anos, Domingo Fontán entregou a Carta Xeométrica de Galicia, primeiro mapa topográfico do Estado español realizado con métodos científicos. Fontán traballou durante 17 anos na Carta, percorrendo o país a pé ou a cabalo para realizar persoalmente milleiros de medicións. O resultado foi un mapa tan exacto que foi empregado nas décadas seguintes para trazar estradas e vías do ferrocarril. Velaquí unha ducia de curiosidades ao redor de Fontán e da súa obra.
