Na madrugada deste luns comeza a campaña de pesca do polbo, que estará aberta ata algún momento de 2022 aínda non determinado.
- HEMEROTECA (2018) | O Oceanográfico de Vigo confirma que deu reproducido o polbo en catividade
Na madrugada deste luns comeza a campaña de pesca do polbo, que estará aberta ata algún momento de 2022 aínda non determinado.
A XIII Festa da Palabra na Insua dos Poetas homenaxea a Lorca e os seus seis poemas galegos no 85 aniversario do seu asasinato.
A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras de 2022 a Florencio Delgado Gurriarán. O "labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora", destaca a Academia sobre o autor de Valdeorras.
👉 AMPLIAMOS | Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nun Día das Letras que recoñecerá o labor da intelectualidade galega no exilio
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego descenderon en 7.588 en Galicia durante o mes de xuño e o paro rexistrado queda en 157.718 persoas, 26.936 menos que o mesmo mes de 2020. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social en Galicia aumentou en 11.193 persoas e quedou en 1,021 millóns, 35.079 persoas máis que un ano antes.
A Real Academia Galega decide mañá, 2 de xullo, a quen dedicará as Letras Galegas do 2022. As candidaturas entre as que votarán os membros da RAG son a conxunta de Ánxel Casal e Federico García Lorca, a de Florencio Delgado Gurriarán e mais a de Fiz Vergara Vilariño.
A Xunta confirma que "o vindeiro luns", 5 de xullo, activará o sistema de autocita para a vacinación da COVID-19 das persoas menores de 40 anos, segundo vén de concretar Feijóo, que non especifica que rangos de idade concretos poderán comezar a usalo. A Consellería de Sanidade avanzara que este sistema, paralelo á citación a través de SMS por orde de idade, está concibido para "encher ocos" e condicionado, como toda a campaña, ao fornecemento de doses.
A Cidade da Cultura confirma as datas e programa da edición 2021 do Atardecer no Gaiás con 16 concertos ao aire libre dende a vindeira semana e ata finais de agosto. As entradas custarán 3 euros e sairán á venda semanalmente.
A Audiencia Nacional seguirá deliberando mañá sobre os recursos contra a prórroga de ENCE en Pontevedra, prolongando a tarefa iniciada a pasada semana por mor "da complexidade do procedemento". Así o fixo público Greenpeace, que xunto á APDR e ao Concello de Pontevedra recorreu a prórroga outorgada polo Goberno de Rajoy en funcións no ano 2016 para que a pasteira poida seguir en Lourizán ata 2073. (Imaxe: © Greenpeace)
O líder do PP, Pablo Casado, defende no Congreso que "falando de memoria histórica, a guerra civil foi un enfrontamento entre quen querían a democracia sen lei e quen querían a lei sen democracia". Afirmouno en resposta á comparecencia de Pedro Sánchez a petición propia sobre os indultos aos líderes independentistas cataláns e mais a respecto do último Consello Europeo. Casado reclamou tamén que Sánchez "dimita" nun discurso que foi respondido con aplausos da bancada do PP, posta en pé.
A Xunta mantén Sarria no nivel alto de restricións pola COVID e sitúa tamén nel a Carnota. Dende as 00:00 do sábado estarán en nivel medio Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa