Caamaño & Ameixeiras celebran San Valentín cun remix verbeneiro de Catro Cousas, a súa colaboración con Rodrigo Cuevas: "Non facemos pachanga, pero se a fixésemos non seriamos a Panorama, seriamos como un dúo de remolque, coma os dúos dos restaurantes", explican sobre este "autoremix" da peza na que se internaron no mundo do pasosobre tradicional xogando a "a resignificar a linguaxe militar e taurina asociada a este xénero". "Camela, os ritmos gravados con casiotones, os teclistas da cabra, os pasodobres toureiros. Todos estes referentes serviron de inspiración para o remix", agregan para unha peza "que se fixa tamén en Modern Talking tocando unha canción de Paco España, en Quim Barreiros e en Rosinha falando con segundas intencións".
- ENTREVISTA | Caamaño & Ameixeiras: "As letras do disco foron creadas nos bares"
- CRÍTICA | Caamaño & Ameixeiras : Quitar o aire
- EN VINTE | Rodrigo Cuevas: “O público quere ver a música tradicional ao mesmo nivel que outras músicas contemporáneas”
- HEMEROTECA | "As verbenas son un 'pegamento social' que conecta a xente coas súas aldeas e os seus barrios"