Rueda vai acudir á manifestación convocada por Feijóo contra o Goberno de Pedro Sánchez para o 8 de xuño en Madrid. O presidente da Xunta reclama eleccións xerais e di que "mentres non as haxa o que hai que facer é respostar na rúa; eu asistirei e espero que asistan moitas persoas". Nas últimas semanas o PP galego vén reprochando reiteradamente ao BNG a súa participación en protestas contra decisións do Goberno da Xunta porque, ao seu xuízo, "só propoñen manifestación e alboroto" para "lograr o que non conseguiron nas urnas a través de esaxeración e conflitividade social". Na imaxe, Rueda este luns no Consello da Xunta [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]