Morre unha muller das oito persoas feridas este venres por un atropelo múltiple nas festas de Burela. Un vehículo entrou no espazo do porto no que se sitúan as atraccións festivas e levou por diante un grupo que nese momento facía unha foto.

Morre unha muller das oito persoas feridas este venres por un atropelo múltiple nas festas de Burela. Un vehículo entrou no espazo do porto no que se sitúan as atraccións festivas e levou por diante un grupo que nese momento facía unha foto.
Oito persoas feridas nas festas de Burela por mor dun atropelo múltiple, segundo informa El Progreso. Un vehículo entrou no espazo do porto no que se sitúan as atraccións festivas e levou por diante un grupo que nese momento facía unha foto. Os oito feridos atópanse en estado grave e unha muller tivo que se trasladada nun helicóptero medicalizado do 061.
Adega rexistra na Xunta máis de 1.400 peticións de arquivo do expediente de concesión de augas do río Ulla para Altri. A asociación ecoloxista fixo entrega das demandas xusto cando se fai "un ano desde a data límite legal na que Augas de Galicia debera ter arquivado o expediente de solicitude de concesión da empresa por ter excedido o prazo máximo de resolución".
Ourense acadou este xoves, con 38 graos, a temperatura máis alta nun mes de maio dende que hai rexistros comparables. MeteoGalicia tamén destaca como a máis elevada no seu histórico para maio os 17,6 graos de mínima que vén de rexistrar a capital ourensá. O 29 de maio foi de calor intensa en gran parte do país, agás na Mariña e puntos da provincia da Coruña. Este venres están activos avisos amarelos por calor no interior ourensán e por treboadas no centro e montaña de Lugo. Na imaxe, mapa de temperaturas máximas do xoves e avisos activos o venres.
Feijóo convoca unha manifestación contra Sánchez e pide apoio aos socios do Goberno para unha moción de censura. O líder do PP chama a unha mobilización o vindeiro 8 de xuño en Madrid contra o Executivo. "É aos españois aos que lles corresponde tomar a palabra e se non o poden facer nas urnas, poderano facer na rúa", dixo. "Democracia ou mafia", engadiu no día que se coñeceu o procesamento do mozo de Ayuso.
A extrema dereita do Chega vira segunda forza do Parlamento portugués tras o reconto do voto exterior, no que se reparten 4 escanos. Dous deles foron para a formación ultra, que chega aos 60 e supera os 58 do Partido Socialista. Outros dous levounos o centro-dereita da coalición Aliança Democrática do primeiro ministro Luís Montenegro, que reafirma a súa primeira posición.
A Xunta aproba a petición da Coruña para ser declarada zona residencial tensionada. A cidade converterase no primeiro municipio galego en apicar medidas para conxelar os prezos dos alugueiros e prorrogar os vixentes. Cóntao La Opinión.
O primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, asegura que o exército de Israel matou o líder de Hamas, Mohamed Sinwar, nun bombardeo. [📸 Benjamin Netanyahu CC-BY Goberno de Ucraína]
Unha muller recibiu varios disparos este domingo en Verín mentres se atopaba na casa dos seus pais, á que se trasladou tras decidir separarse da súa parella e pai dos seus tres fillos menores e denuncialo por violencia machista. Permanece ingresada no hospital en Vigo, en estado grave, pero non se teme pola súa vida. O home está agora en prisión provisional, comunicada e sen fianza, investigado por tentativa de homicidio, tenencia ilícita de armas e quebrantamento da orde de protección ditada en xullo que lle prohibía achegarse á muller. Despois do sucedido, rexeitado pola veciñanza nunha concentración este martes, o xulgado amplía a orde de protección para que tampouco poida achegarse nin comunicarse cos tres menores. [Na imaxe, o Xulgado de Instrución 1 de Verín, onde delcarou este mércores o acusado © Google Street View]
A Xustiza confirma que a TVG deberá rectificar unha información falsa sobre o BNG. A Audiencia da Coruña confirma a sentenza dun xulgado santiagués que dera a razón ao Bloque pero matiza a rectificación que debe emitir emitir. A CRTVG non recorrerá tras as "importantes matizacións" do último ditame.