Adega rexistra na Xunta máis de 1.400 peticións de arquivo do expediente de concesión de augas do río Ulla para Altri. A asociación ecoloxista fixo entrega das demandas xusto cando se fai "un ano desde a data límite legal na que Augas de Galicia debera ter arquivado o expediente de solicitude de concesión da empresa por ter excedido o prazo máximo de resolución".
