Protesta a prol dunha “atención sanitaria digna” en Salvaterra. A Plataforma en Defensa de la Sanidade Pública do Condado-Paradanta organizou unha manifestación, este sábado ás 20.00 horas, coa participación de mais de mil persoas, segundo informaron desde a organización. O acto foi precedido por dúas caravanas reivindicativas que saíron desde Covelo e A Cañiza, pasando polos concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra, Crecente, Arbo e As Neves .
