Os sindicatos desconvocan a folga prevista para xaneiro polo estatuto marco tras chegar a un preacordo co Ministerio de Sanidade. CCOO, UGT, CIG, CSIF e SATSE suspenden o paro indefinido, protesta á marxe das folgas convocadas por CESM e O'Mega, que piden un estatuto marco propio para o persoal médico e provocaron a suspensión de case 1.100 cirurxías en catro días en Galicia.