Rueda amosa o seu respecto polos "manifestantes que foron de boa fe" á protesta contra Altri pero di que "todo parece indicar que o apoio foi menor". "Nunca tomaremos ningunha decisión que non veña avalada polos técnicos", insiste o presidente.
Rueda amosa o seu respecto polos "manifestantes que foron de boa fe" á protesta contra Altri pero di que "todo parece indicar que o apoio foi menor". "Nunca tomaremos ningunha decisión que non veña avalada polos técnicos", insiste o presidente.
Pedro Sánchez anuncia un "abono único de transportes" para todo o Estado por 60 euros ao mes para o conxunto da poboación adulta e 30 euros para menores de 26 anos. O novo abono, avanza o presidente do Goberno de España no seu balance de fin de ano, estará en marcha "na segunda quincena de xaneiro" e servirá, exemplifica, para trens de media distancia e de proximidade -destes últimos Galicia carece, pero o Ministersio de Transportes ten en marcha un estudo ao respecto- e mais autobuses estatais. A súa creación, concreta, chegará pola vía do Real Decreto-Lei, polo que para seguir vixente precisará do visto e prace do Congreso dos Deputados.
O Ministerio de Consumo sanciona con 64 millóns de euros a Airbnb por publicar anuncios de pisos turísticos sen licenza. A multa, explica o departamento que dirixe Pablo Bustinduy, "equivale a seis veces o beneficio ilícito obtido" pola empresa, que segundo a resolución tamén incorreu en condutas como publicidade enganosa. [Imaxe: Oberon Copeland]
O ultradereitista José Antonio Kast gaña as eleccións presidenciais en Chile con case o 60% dos votos fronte á candidata da coalición das esquerdas, Jeannette Jara. Kast, aberto defensor da ditadura de Pinochet, recibe os parabéns de líderes ultras internacionais e tamén do ex-presidente da Xunta e actual líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que o felicita pola "abrumadora vitoria" e agrega: "Os chilenos elixiron liberdade". Na imaxe, divulgada pola súa campaña, Kast nun mitin.
Tres mariñeiros desaparecidos ao envorcar un pesqueiro portugués na foz do Miño. Medios galegos e estatais colaboran cos portugueses no operativo tras naufragar o barco Vila de Caminha, do que foron rescatados dous tripulantes e hai outros tres desaparecidos de orixe indonesia. [Foto: Salvamento Marítimo]
O presidente da Conferencia Episcopal pide "unha cuestión de confianza, moción de censura ou dar a palabra aos cidadáns". Luis Argüello asegura nunha entrevista en La Vanguardia que o país vive "a supresión de facto da separación de poderes". Pedro Sánchez contéstalle nun mitin que "o tempo no que os bispos interferían en política acabou cando comezou a democracia". [Foto: Conferencia Episcopal]
Felipe Arias, novo membro correspondente da RAG. A Academia incorpora ao historiador e arqueólogo que foi director xeral de Patrimonio entre 2005 e 2009, director dos museos Provincial de Lugo e do Castro de Viladonga e autor de numerosos textos científicos e escavacións. [Imaxe: RAG]
O libro Mirás: Xornalismo gaiteiro homenaxea a figura do xornalista Nacho Mirás, falecido hai unha década do cancro que padecía, cunha recompilación dalgunhas das súas mellores pezas. A presentación do volume, promovido polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Deputación da Coruña canda La Voz de Galicia, onde Mirás traballaba, evocou o labor dun profesional "que quería contarlle á xente o que lle pasa a xente", "un dos grandes xornalistas galegos dos últimos anos".
José Tomé rexistra a dimisión como presidente da Deputación de Lugo e seguirá en funcións ata o día 30, momento no que asumirá o cargo temporalmente o vicepresidente, Efrén Castro (BNG) ata que se celebre o pleno que elixa a nova presidencia, o 14 de xaneiro. No escrito de renuncia expresa a súa intención de continuar como deputado provincial non adscrito mentres o PSdeG reitera a reclamación de que entregue a acta. Máis información, hoxe en Praza.gal.
A folga xeral en Portugal foi "a maior de sempre" segundo os sindicatos, mentres o Goberno luso cualifícaa de "inexpressiva". A greve xeral, a primeira en doce anos, foi convocada por CGTP e UGT contra as medidas laborais do Executivo. As centrais fala de tres millóns de folguistas este pasado xoves. Foto: CGTP.