PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego diminuíron en 5.410 persoas durante o mes de xuño en Galicia (-4,02%, fronte ao -1,84% na media estatal) e quedan en 129.024, o que supoñen 11.908 menos que un ano antes (-8,45% en Galicia, -6,66% na media). A afiliación media á Seguridade Social aumentou no mesmo mes en 8.145 persoas (+0,77% e, na media, +0,26%) e chega aos 1,067 millóns, a cifra máis alta dende 2008 e que supón 18.707 máis que no mesmo mes do ano anterior, un avance interanual en Galicia do 1,78%, por baixo da media estatal do 2,56%.
Fálase
23X | Un bufete de avogados con sede na Coruña, dP Abogados, asina a propaganda da organización Desokupa contra o Goberno do PSOE e Unidas Podemos a escasos días do inicio da campaña das eleccións xerais. O despacho de avogacía inclúe o seu logotipo nunha lona de grandes dimensións nunha céntrica rúa madrileña na que Desokupa asegura que chegará "á Moncloa" tras o 23X e o seu responsable gábase da iniciativa nas redes sociais. Imaxe difundida pola devandita plataforma, que vén apoiando abertamente á extrema dereita.
- HEMEROTECA | Rueda axita en campaña dende a Xunta o medo á ocupación ilegal de vivendas
- HEMEROTECA | O PP promete para os concellos oficinas 'antiocupacións' como a que pagou na Xunta, con 30 consultas nun ano
- HEMEROTECA | As ocupacións, "principal demanda" da Xunta ao Estado en vivenda malia admitir que non manexa "cifras exactas"
O AI Song Contest 2023 celebrarase o 4 de novembro na Coruña. A organización avanza que o evento "integrará un congreso académico e un programa de televisión en directo ao estilo de Eurovisión". Tras botar a andar nos Países Baixos e Bélxica, a cuarta edición do certame chega a Galicia despois de que a a canción galega "AI-LALELO" do equipo PAMP!, quedase segunda o pasado 2022. Este martes coñeceranse os detalles da nova edición do AI Song Contest , que ao celebrarse na Coruña, sinalan, "recoñece o uso social da IA que fixo a candidatura de Galicia a prol das culturas minorizadas". Máis información, este martes en Praza.gal.
23X | Feijóo defende como "lóxico" que o PP forme goberno bipartito con Vox se precisa o "si" do partido da extrema dereita na investidura. Afírmao en resposta a unha entrevista en El Mundo e vén de pronunciarse en sentido semellante en Telecinco para o programa de Ana Rosa Quintana, presentadora e empresaria recentemente galardoada pola Xunta cuns premios do Xacobeo destinados, segundo o Goberno galego, a "incentivar" as persoas que os recibiron a "seguir condutas exemplares para os intereses públicos".
- PP e Vox pactan en varias autonomías a desprotección da lingua propia que Feijóo aplicou xa en Galicia
- A Xunta gastou cando menos 50.000 euros na gala do Xacobeo que premiou a Ana Rosa Quintana e oculta o procedemento de elección
- HEMEROTECA (2019) | Feijóo considera o pacto con Vox "homologable a calquera goberno europeo"
O PP apunta a que o sobresoldo que paga a Feijóo é para sufragar o alugueiro do chalé no que vive en Madrid, onde o ex-presidente ten outra vivenda en propiedade. Este luns, infoLibre informa sobre "o misterio das dúas vivendas de Feijóo en Madrid". O agora líder do PP leva un ano como senador en representación do Parlamento de Galicia, aínda que el mesmo fixo público que está censado en Madrid, circunscrición pola que agora concorre ás eleccións xerais. Como senador, vén percibindo os 2.037,07 euros mensuais adicionais ao salario base (3.173,83) para "cubrir gastos" representar unha circunscrición de fóra de Madrid. Na imaxe, Feijóo nun encontro con xornalistas acompañado por Mar Sánchez, unha das súas principais asesoras, ex-secretaria de Medios da Xunta e actual número 10 do PP por Madrid ao Congreso.
🏳️🌈Unha concorrida manifestación volveu sacar este sábado o "orgullo crítico" ás rúas de Vigo no marco dos actos reivindicativos, pero tamén festivos, na semana do Orgullo LGBTIQ+ [Imaxe: BNG Vigo]
Pedro Sánchez viaxa a Kíiv no inicio da quenda do Goberno de España na presidencia do Consello da UE, que se estende ata fin de ano. É habitual confundir esta presidencia rotatoria coa do Consello Europeo, que é unha institución diferente encabezada actualmente polo belga Charles Michel
A xustiza brasileira prohibe a Bolsonaro presentarse ás eleccións ata 2030 por abuso de poder. A maioría de xuíces do Tribunal Superior Electoral considera que o ex-predinte do Brasil abusou do seu cargo para levar a cabo ataques contra o sistema electoral. Foto: CC-BY Isac Nóbrega/PR.
A Mesa pola Normalización Lingüística mobilízase na Coruña "na defensa da toponimia galega" como "resposta ás campañas de odio contra o galego". O colectivo de defensa da lingua subliña que, en poucos días, leva xuntado case oito mil sinaturas de apoio ao manifesto Os nosos lugares, na nosa lingua, que continúa aberto a novas adhesións. [Imaxe: A Mesa]
O socialista José Tomé, reelixido presidente da Deputación de Lugo cos votos de PSdeG e BNG. O nacionalista Efrén Castro será o novo vicepresidente.