O actor Viggo Mortensen súmase á campaña Aquí tamén se fala que, coordinada dende o IES Rafael Dieste da Coruña, xa se espalla por todo o país co alumnado deste centro como principal impulsor. O intérprete subliña que as linguas son "un tesouro dos pobos" e "por iso tamén falo galego". Pódese ver o vídeo na conta de Instagram da campaña.
