Besteiro avanza que o PSdeG vaise "sumar e apoiar" a manifestación pola crise dos 'pellets' do 21 de xaneiro en Santiago baixo o lema En defensa do noso mar "xunto cos pescadores, mariscadoras, biólogos, ecoloxistas e voluntarios". O candidato socialista á Presidencia da Xunta defendeu este domingo na praia de Portocubelo, en Lira, unha Galicia "limpa da contaminación das mentiras" que –dixo– están a impoñer "a Xunta, o PP e o presidente Rueda".
