O Consello da Xunta, reunido de xeito extraordinario ao límite do prazo legal, cesa sete altos cargos para que poidan ir nas listas electorais do PP. Ser candidato ou candidata é compatible con ser conselleiro ou conselleira pero non cos cargos inferiores, o que fai que agora, a poucas horas do remate do prazo para que os partidos formalicen as súas listas, saian da Xunta os delegados territoriais da Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense así como o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o director xeral de Gandaría e Agricultura, José Balseiros, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.
