18F | O PP estaría a un só escano de perder a maioría absoluta e a Xunta, segundo unha enquisa de Sigma Dos para El Mundo, que non obstante amosa amplos intervalos na estimación de escanos: sitúa os populares ao límite da absoluta (38) ou con ata 41 escanos -actualmente ten 42-, seguidos do BNG con 18 ou 19 -conta con 19- e do PSdeG con entre 15 e 17 -ten 14-. O Parlamento estimado por ese inquérito outorga entre 1 e 2 escanos a Sumar. Podes consultar aquí os datos de todas enquisas publicadas.
