A Plataforma para a defensa da sanidade do Carballiño convocou este domingo unha manifestación na vila para reclamar a restitución das consultas de Pediatría no seu centro de saúde. Esta mobilización para que o Sergas non deixe a esta comarca sen atención especializada para as crianzas súmase a outras na provincia, como as dos últimos días en Xinzo e Verín. [Fotografía CC-BY-SA PSdeG de Ourense]
