18F | Feijóo teima en virar as eleccións galegas nun plebiscito sobre o Goberno de Pedro Sánchez. "Os galegos van ser o primeiro pobo en España de manifestarse sobre se o que acontece en España lles gusta ou non", mantivo durante un almorzo informativo en Madrid no que equiparou o financiamento autonómico coa "declaración da renda" para concluír que "aos galegos lles sae a devolver" grazas á súa xestión da débeda, que contrapuxo coa de Catalunya. [Imaxe: © PP]
