O Goberno do PP de Rajoy investigou á marxe da lei a partidos independentistas cataláns e outros rivais políticos como o galego José Blanco, na altura secretario de organización do PSOE e potencial aspirante a liderar o PSdeG. Segundo unha investigación que veñen de comezar a publicar elDiario.es e La Vanguardia, a cúpula policial da época informaba periodicamente o Executivo destas operacións a través do daquela ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz -na imaxe, da Xunta, con Feijóo e Rueda nunha visita á unidade policial adscrita á Xunta en 2013-.
