O xurado popular para o xuízo do crime de Samuel Luiz comezará este mércores a avaliar os feitos que sucederon na madrugada do 3 de xullo de 2021 e as defensas das cinco persoas acusadas. A Audiencia Provincial da Coruña acolleu este martes o inicio do xuízo, que se demorará un mes, no que participan a Fiscalía, a familia da vítima como acusación particular, a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual ALAS A Coruña como acusación popular e as defensas. [📸Mobilización en repulsa polo asasinato de Samuel Luiz, o 5 de xullo de 2021 © Concello da Coruña]
- HEMEROTECA | "Crueldade extrema" e "fonda animadversión á homosexualidade": a Fiscalía pide de 22 a 27 anos polo asasinato de Samuel Luiz
- HEMEROTECA | Probas de ADN "implican directamente" os dous principais agresores de Samuel Luiz
- HEMEROTECA | Memoria fronte ao odio contra as persoas LGBTI no aniversario do asasinato de Samuel Luiz
