Rueda anuncia que a Xunta recorrerá ante o Tribunal Supremo o regulamento de Costas aprobado polo Goberno de España o pasado agosto que limita as concesións de terreos públicos. [Imaxe: Xunta]
Fálase
O BOE publica hoxe a Lei de Memoria Democrática, que entra en vigor mañá, 21 de outubro. Entre as súas disposicións figura a cancelación de títulos nobiliarios creados pola ditadura para honrar os seus dirixentes e afíns, caso do condado de Fenosa ou do señorío de Meirás. Durante o trámite parlamentario da lei, o PP -que votou "non" ao conxunto do texto- pediu especificamente retirar esa supresión.
- O PP pediu no Congreso e no Senado borrar o artigo da lei de memoria que suprime o condado de Fenosa e o señorío de Meirás
- A Lei de Memoria Democrática suprime o título de conde de Fenosa 67 anos despois
- Da anulación do xuízo a Bóveda á reparación do espolio económico franquista: os retos da Lei da Memoria Democrática
Unha avioneta antiincendios, desaparecida desde a tarde do pasado mércores tras despegar da base de Doade en Sober e ser localizado por última vez cando sobrevoaba a provincia de Ourense en dirección á súa base de Córdoba. O dispositivo de busca céntrase agora na fronteira entre Zamora e Ourense. A empresa propietaria do aparello, Plysa, indica que o último contacto foi no mediodía do mércores e que "se activou o dispositivo de busca" de "forma inmediata". "A preocupación máxima é localizar o piloto e atender os seus familiares", agrega nun comunicado.
A Xunta ordena sacrificar máis de 50.000 visóns dunha granxa tras detectar un foco de gripe aviaria. Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, na explotación foron tomadas "mostras para o diagnóstico de varias enfermidades, entre elas a provocada polo virus Sars-Cov-2" e a gripe aviaria", tras aparecer "un número anormalmente elevado de visóns enfermos e mortos". Tras confirmar o foco de gripe aviaria A (H5N1), activou un protocolo que implica matar todos os animais da granxa, "que conta con 8.369 femias reprodutoras e 43.617 crías destetadas", isto é, 51.986 en total. O Goberno non especifica a localización da granxa, da que só indica que se atopa "na provincia da Coruña". Na imaxe, un visón nunha destas granxas [CC-BY-SA TheAnimalDay.org], concibidas para fornecer a industria peleteira.
- HEMEROTECA | O Goberno de España quere pechar antes de 2030 todas as granxas de visón, a gran maioría en Galicia
- HEMEROTECA | Un gromo en Carral eleva a 15 os focos do coronavirus detectados en granxas de visóns en Galicia
- HEMEROTECA | Os riscos asociados á COVID reabren o debate sobre o peche das granxas de visóns en Galicia despois de anos de denuncias
Noite treboenta en múltiples puntos do país, con máis de 4.000 raios detectados por Meteogalicia dende a pasada medianoite, case 1.200 estritamente sobre territorio galego. As estacións meteorolóxicas acreditan copiosas precipitacións en numerosas localidades encabezadas por Santa Comba (66 litros por metro cadrado no que vai transcorrido de día 19), Entrimo (47,4) e Zas, Vilanova e Ribeira (os tres por riba dos 30 litros por metro cadrado). [Imaxe: © Meteogalicia]
Desconvocada a folga do metal en Ourense logo de aceptar o persoal a proposta salarial da patronal e tras 13 días de paro. A asemblea de traballadores ratificou o preacordo asinado entre as asociacións empresariais e CIG, UGT e CCOO que supón unha suba salarial do 15% entre 2022 e 2024, co 5% este ano, retroactivo desde xaneiro, a subida do 5,5% para 2023 e outro aumento do 4,5% para 2024.
Stellantis Vigo cesa este martes a produción en toda a fábrica de Balaídos. A maior empresa do automóbil en Galicia volve sinalar a falta de materiais como causa, como se vén producindo no último ano e contamos en Praza.gal, falando cos traballadores. Este peche de 24 horas anunciado agora prodúcese dous días despois de que se coñecesen os resultados das eleccións sindicais na antiga PSA Citroën, que devolveron a maioría ao SIT-FSI, o sindicato corporativo, que acadou 21 representantes. UGT ten agora catro delegados, a CUT e CCOO teñen tres cada un e a CIG ficou sen representación.
O TSXG paraliza cautelarmente outro parque eólico de Greenalia en Coristanco e Carballo. O mesmo tribunal vén de tomar a mesma decisión con outra instalación da mesma empresa e o Supremo anulou definitivamente o permiso para o parque do Oribio, noutra sentenza contra a xestión eólica da Xunta.
A Coruña será a sede da edición 2023 da Womex, o mercado profesional máis importante das músicas do mundo. O anuncio oficial, adiantado este luns pola alcaldesa Inés Rey e polo director do evento Alex Walter, realizarase a vindeira semana na clausura da presente edición, que comeza este mércores en Lisboa. Entre o 25 e o 29 de outubro do vindeiro ano pasarán pola cidade herculina máis de 3.000 profesionais entre programadores, promotores, artistas e xornalistas chegados de todo o planeta.
A Xunta propón limitar a 100 persoas ao día o acceso ao illote do Areoso, na Illa de Arousa, a partir de Semana Santa. A medida busca mellorar a conservación dos hábitats e da flora a e fauna existentes neste espazo, en grave risco pola presión turística que sofre nos últimos anos. A limitación é inferior á esixida por colectivos ambientais, que veñen alertando da degradación da zona