David Chipperfield ingresa na Real Academia Galega de Ciencias cun discurso centrado na procura do equilibrio entre o desenvolvemento e a protección, o camiño a seguir segundo o arquitecto británico posto que a crise medioambiental "nos obriga a reconsiderar a forma na que vivimos". Chipperfield valorou que Galicia ten "unha grande oportunidade para alcanzar os obxectivos de sostenibilidade máis facilmente" e animou a comunidade científica a involucrarse na "revitalización" do rural, co apoio a iniciativas locais a través do que chamou "entidades facilitadoras", como a Fundación RIA, que ten a súa sede en Santiago.
👉🏻 HEMEROTECA | Fundación RIA, a iniciativa do Premio Pritzker David Chipperfield para redeseñar o modelo territorial de Galicia
👉🏻 HEMEROTECA | A Pobra quere abrazar o mar: lanza un concurso de ideas para transformar a súa fachada litoral