Un novo incendio no Concello da Capela afecta dende a pasada madrugada ao Parque Natural das Fragas do Eume onde, segundo Medio Rural, levan ardido unhas 8 hectáreas. Outro foco no mesmo municipio que xa queimou unhas 30 hectáreas foi dado por controlado. A Consellería dá conta dun único incendio máis na Mezquita, chegado de Portugal e tamén controlado. Como adoito, existen máis incendios dos que Medio Rural non informa