O Goberno de España chama a consultas á súa embaixadora na Arxentina tras os insultos de Javier Milei a Pedro Sánchez e á súa esposa no mitin da extrema dereita no que participou en Madrid. Milei cualificou de "corrupta" a Begoña Gómez e agregou que Sánchez se "ensuciou" por este motivo mentres exerce o "abuso" dende o Goberno. O ministro de Exteriores, José Manuel Albares, considera que esass "gravísimas palabras" sobrepasan "calquera tipo de diferenza política" e "leva as relacións entre España e Arxentina ao seu momento máis grave na nosa historia recente". [Imaxe: Goberno de España]
