Feijóo dedica a tarde do Día das Letras Galegas a asistir a unha tourada en Madrid para, segundo dixera en días previos, "defender a liberdade cultural" tras a fin do Premio de Tauromaquia que viña entregando o Ministerio de Cultura. Previamente, o ex-presidente e actual líder do PP felicitou o 17 de maio a través das redes sociais con senllas mensaxes en castelán e galego. [Imaxe: © PP]
