O Concerto das Letras Galegas 2024 por Luísa Villalta, organizado polo Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello da Coruña, pode seguirse en directo a partir das 20:30 horas deste 16 de maio na plataforma de contidos dixitais da CRTVG AGalega. A actuación ten lugar no Teatro Colón da Coruña, cidade natal da autora homenaxeada no Día das Letras.
O Grupo Instrumental Siglo XX, dirixido por Florian Vlashi, e o baixo-barítono Daniel Mosquera farán a estrea absoluta de Concerto para un home só.Monodrama para baixo-barítono, violín e grupo instrumental, unha obra orixinal do compositor Federico Mosquera con texto de Luísa Villalta.
