A Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina realizou este mércores en Compostela un acto simbólico polo aniversario da Nakba (a catástrofe) do pobo palestino, que en 1948 supuxo a expulsión de centos de miles de persoas a cargo do Estado de Israel. O manifesto do acto foi lido por Iolanda Muíños e Mabel Rivera. A Coordinadora promove unha declaración institucional no Parlamento galego e convoca novas concentracións de protesta pola invasión a Gaza para o vindeiro luns 20 de maio.
