Silvia Penas gaña o Premio aRi[t]mar á Mellor Poesía do Ano en Galicia con "Canto segundo para un fillo non nado". Na votación, na que participaron máis de catro mil persoas, “Declara a dor” de Chus Pato e “entra o sol cheirar a casa” de Celso Fernández Sanmartín, foron o segundo e terceiro poema con máis apoios. Pola súa banda, “Há mulheres que trazem...”, da poeta bracarense Sílvia Mota Lopes, foi elixida a Mellor Poesía do Ano 2023 en Portugal.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/foto-paco-dicenta-n-en-tamano-grande-d12dc09-7c90c33.jpeg)