As campañas Treixadura-Modo Ribeiro (Axencia Nasas para o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro); A auga en Vigo é de alta calidade (Ecovigo Publicidad para Aqualia); Abre na rede (Quattro IDCP para PuntoGal), Vai escampar (Quattro IDCP para R) e mais un traballo sobre o cambio climático do CIPF de Leixa, distinguidos na XXVIII edición dos Premios de Publicidade en Galego. Os galardóns foron entregados este luns no Parlamento, que os organiza xunto á Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Foro Enrique Peinador.
