Vítimas de Angrois reclaman fronte ao Congreso a dimisión de Ana Pastor como vicepresidenta segunda tras desvelar Praza.gal a carta coa que manobrou ante a UE na defensa da versión oficial que culpou o maquinista do accidente. "Ana Pastor foi a persoa que máis traballou desde as institucións para ocultar as causas do accidente", di a plataforma de afectados.
