Dimite o director do Museo do Pobo Galego, Lois Ladra, tras trece meses no cargo. Dende a institución confirman a Praza.gal que foi o antropólogo e arqueólogo quen solicitou o seu cese "alegando a imposibilidade de implementar o programa de actuación presentado para o seu desenvolvemento, en canto non podía ser dotado dos recursos suficientes para levalo adiante". O Padroado do Museo do Pobo xa aceptou a súa saída, e ata a asemblea que celebren no mes de decembro a dirección queda temporalmente a cargo da Comisión Permanente do Consello de Goberno. [📸 Lois Ladra na inauguración dunha exposición no Museo do Pobo Galego este ano CC-BY-SA MPG]