28M | O DOG publica o cesamento do presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, tamén ex-conselleiro de Sanidade, que volverá ser candidato do PP á alcaldía de Baiona. A orde publicada sinala que o cesamento é “por petición propia” e que terá “efectos do día 20 de abril”.
Fálase
Pedro Sánchez anuncia un plan para destinar as case 50.000 vivendas da Sareb (actualmente ten 46.542, 1.830 delas en Galicia), o 'banco malo', a "alugueiro asequible". Durante a Conferencia Municipal do PSOE, o presidente do Goberno de España afirma que o proxecto recibirá o visto e prace no Consello de Ministros do vindeiro martes. Suporá, especifica, poñer 21.000 vivendas á disposición de concellos e autonomías dentro dun plan que implica tamén construír unhas 15.000 en terreos da propia Sareb.
- AMPLIAMOS 👉 O 'banco malo' ten 1.800 vivendas en Galicia atinxidas polo plan de "alugueiro accesible" que lanza Pedro Sánchez
- O 'banco malo' cede solo ao Concello de Sanxenxo para un campo de golf polo seu "interese xeral"
- A Xunta merca ao 'banco malo' 40 vivendas por 3,5 millóns que xa tiña cedidas para alugueiro social
- HEMEROTECA | O banco malo négase a informar o Parlamento sobre o 'ladrillo tóxico' que lle transferiu Novagalicia
28M - ENQUISAS | Abel Caballero revalidará a súa ampla maioría absoluta en Vigo e Inés Rey continuará na alcaldía da Coruña tras o 28M, segundo senllas enquisas publicadas este domingo por Atlántico Diario e El Ideal Gallego, respectivamente. Estes inquéritos prognostican o mantemento da representación e dos gobernos do PSdeG nas dúas principais cidades de Galicia, con lixeiros ascensos do número de edís para o PP e tamén para o BNG, ademais de descensos das mareas e, no caso coruñés, a desaparición de Ciudadanos e a entrada de Podemos.
A Xunta declárase "inquieta" coa nova lei estatal de Vivenda, a piques de ser aprobada, e reclama unha reunión "coa maior urxencia posible" ao Goberno de España ante a "preocupación dos diferentes colectivos profesionais do sector da vivenda en Galicia", di nun comunicado. Ese encontro, reclama o gabinete de Alfonso Rueda, debera ser unha Conferencia Sectorial, que xunta o Executivo estatal coas comunidades autónomas. Nos últimos anos a Xunta vén mantendo que a súa "principal demanda" ao Estado en materia de vivenda son as ocupacións.
- Límite do 3% ás subas do alugueiro e máis zonas tensionadas: así será a nova lei de vivenda
- HEMEROTECA | As ocupacións, "principal demanda" da Xunta ao Estado en vivenda malia admitir que non manexa "cifras exactas"
- 2022 rematou con quince desafiuzamentos por cada novo caso de ocupación en Galicia
- O número de demandantes de vivendas de alugueiro no rexistro da Xunta triplica os inmobles ofertados en Galicia
Nova folga de autobuses: CIG, CC.OO. e UGT convocan paros para os días 27 e 28 de abril e advirten de que "será indefinida a partir do 8 de maio se non se atenden ás súas demandas". Os sindicatos convocantes denuncian "a paralización na negociación dos catro convenios provinciais, a situación precaria do sector tanto no relativo ás condicións laborais como á propia prestación do servizo e os reiterados problemas de seguridade que presentan os vehículos". A folga do pasado 31 de marzo xa logrou un amplo seguimento, paralizando estacións e atrancando o transporte escolar.
- 🔊PODCAST | Fálase - O que pasa cos autobuses en Galicia e a despedida de Leilía
- Un xulgado abre dilixencias por prevaricación contra o director de Mobilidade da Xunta pola súa xestión dos autobuses
- O seguimento "masivo" da folga de autobuses paraliza estacións e atranca o transporte escolar en Galicia
- A xestión dos autobuses pola Xunta, a remolque da xustiza e contra a libre competencia
O Consello Constitucional avala o atraso da idade de xubilación aos 64 anos en Francia, unha das claves da reforma constitucional impulsada polo Goberno e que provocou protestas e folgas en todo o país. Foto: CC-BY Jeanne Menjoulet.
O BNG de Crecente impugna o censo da vila cara ás eleccións municipais do 28 de maio ante a delegación provincial da Oficina do Censo Electoral tras comprobar que o concello figura na "lista de municipios cun incremento anormal do padrón" elaborada por este organismo.
A fronte nacionalista asegura que no mes de xaneiro xa solicitou que o Instituto Nacional de Estadística investigase "o elevado índice de altas producidas dende o ano 2020, en concreto 270 altas nos últimos tres anos, que tendo en conta as circunstancias demográficas e económicas do noso municipio (Crecente, como se pode observar nas estatísticas, non para de perder poboación) non teñen sentido nin explicación lóxica". [Na imaxe, a casa consistorial © Concello de Crecente]
O Goberno de España acorda con ERC e Bildu a lei de vivenda que limita a suba dos alugueiros, cuxo tope será do 3% en 2024, e amplía as zonas tensionadas. Foto: EH Bildu.
Rueda pon a primeira pedra do monumento aos 12.000 galegos que hai un século construíron o Canal de Panamá. Dentro da súa xira por Panamá, Venezuela e México o presidente da Xunta lembrou a contribución galega a “unha das principais obras da enxeñaría mundial”.
CRISE DE PREZOS | A suba dos prezos situouse nun 3,4% interanual en Galicia o pasado marzo, unha décima por riba da media estatal. A inflación segue sendo moito maior nos alimentos, cun IPC do 16,5% interanual, mesmo dato que o mes previo e que na media estatal. O dato da inflación subxacente -que non ten en en conta alimentos frescos nin prezos da enerxía- sitúase no 7,5% na media estatal, cunha caída dunha décima. Cómpre ter en conta que a forte caída a respecto de meses previos é que a comparación interanual xa é realizada cos meses da forte escalada de prezos do pasado 2022.