A parodia de Feijóo volve a Polònia, o espazo satírico da catalá TV3. Desta volta, o imitador do aínda presidente da Xunta protagoniza unha particular versión da canción La venda ya cayó para, xunto co líder do PP en Castela e León, xustificaren o pacto do PP con Vox nesa comunidade autónoma. Pódese ver nas redes sociais do programa
