Falece Maximino Viaño, histórico cooperativista agrario, socio fundador de Feiraco e impulsor de Ternera Gallega. O Concello de Ames, do que era cronista oficial, declara un día de loito oficial polo pasamento de quen "dedicou boa parte da súa vida a fomentar o progreso e a mellora do campo". "Era unha persoa moi querida, coñecida e apreciada no concello de Ames. Fixo un labor moi importante tanto no eido cultural como empresarial", destaca o alcalde amesán, Blas García. [Imaxe: Concello de Ames]
