A Deputación da Coruña ofrece acollida a persoas refuxiadas da guerra de Malí na residencia do IES Rosalía Mera -na imaxe, un dos seus cuartos-, que ata hai pouco acolleu refuxiados da guerra de Ucraína e nos anos 90 do século pasado fora refuxio de poboación desprazada polo conflito bélico na antiga Iugoslavia. O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, ratifica o ofrecemento de 44 prazas nunha xuntanza co delegado do Goberno de España en Galicia: "Tócanos estar á altura das circunstancias e seguir exercendo o espírito ante a grave crise humanitaria que están a vivir", sinala. O Estado prevé a chegada de arredor de medio milleiro de persoas procedentes de Malí a Galicia. [Imaxe: Deputación da Coruña]
