O novo reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, toma posesión do cargo nun acto acompañado polo anterior responsable, Julio Abalde, e mais o presidente da Xunta, a alcaldesa da Coruña e o conselleiro de Cultura, entre outras autoridades. Os reitores das universidades públicas de Vigo e Santiago, Manuel Reigosa e Antonio López, tamén participaron do acto no Paraninfo da Reitoría. "Toda a comunidade universitaria ten que ser escoitada", dixo Cao no seu discurso, "mais tamén ten que poñerse mans á obra para facer da UDC a mellor universidade posible", engadiu. [Fotografía CC-BY-SA David Cabezón/Xunta]
HEMEROTECA | Ricardo Cao, elixido novo reitor da UDC co 65% dos votos
