O socialista António José Seguro, á fronte das sondaxes e do escrutinio das eleccións presidenciais portuguesas. Previsiblemente, enfrontarase na segunda volta con André Ventura, líder da extrema dereita.
O socialista António José Seguro, á fronte das sondaxes e do escrutinio das eleccións presidenciais portuguesas. Previsiblemente, enfrontarase na segunda volta con André Ventura, líder da extrema dereita.
Rueda asina con Feijóo en Zaragoza unha declaración contra o modelo de financiamento autonómico proposto polo Goberno de España. Canda o resto de presidentes e presidentas do PP, o titular da Xunta e líder do PPdeG secunda un documento que esixe "reiniciar o proceso dende o principio" e elaborar un novo modelo sobre o que non achega cifras ou criterios concretos. O sistema de financiamento das autonomías está caducado dende 2014, catro anos antes de que Mariano Rajoy perdese o Goberno de España. [Imaxe: © PP]
O CIS ratifica a dereitización do taboleiro político estatal: o PP podería gobernar malia perder votos e escanos grazas ao forte ascenso da extrema dereita de Vox, formación coa que os de Feijóo sumarían unha folgada maioría absoluta, segundo a análise independente dos datos do Centro de Investigacións Sociolóxicas que este sábado publica infoLibre. Na imaxe, Feijóo e Abascal nas conversas previas á investidura fracasada do ex-presidente galego tras as eleccións xerais de 2023 [© PP]
Feijóo considera "boa noticia" que en 2035 "poidan seguir vendéndose coches de combustión". "Levantamos a prohibición, foi unha promesa do PP e o cumprimos", di sobre a actuación dos conservadores na Unión Europea. Na imaxe, de arquivo, unha visita de Feijóo a PSA.
O persoal de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro suspende os paros tras lograr que a dirección comprometa reforzos e obras de ampliación. O persoal comezou a secundar paros diarios o 7 de xaneiro ante "o colapso do servizo".
A opositora venezolana María Corina Machado entrega a Trump a súa medalla do Premio Nobel da Paz. A Casa Branca divulga a través das redes sociais a imaxe dun encontro que chega apenas dúas semanas despois de que os EUA bombardeasen varios puntos de Venezuela e secuestrasen o presidente Nicolás Maduro, actualmente preso en territorio estadounidense. [Imaxe: © Casa Branca]
Inditex pecha a primeira tenda de Zara, na rúa Juan Flórez da Coruña, que abriu as súas portas en 1975 e foi reformada o ano pasado durante a celebración do 50 aniversario da marca textil [📸 © Inditex]. A empresa comunica que as traballadoras serán trasladadas aos outros establecementos de Zara na cidade.
Un mariñeiro falecido e outro ferido grave en augas de Irlanda, ambos da tripulación do arrastreiro con base en Vigo 'Novo Alborada', segundo confirma Salvamento Marítimo. [Fotografía do barco © Ministerio de Pesca]
Os xestores de Alu Ibérica, sancionados con 20 millóns por saquear e fomentar a quebra das antigas fábricas de Alcoa na Coruña e Avilés. Un xulgado de Oviedo declara como culpable o concurso da empresa, que provocou o despedimento de case 600 traballadores, na que é a primeira sentenza pola xestión da compañía das factorías de aluminio.
O Sergas cifra en case o 23% o seguimento da folga médica na súa segunda xornada, que rolda o 30% nos hospitais. O'Mega, un dos sindicatos convocantes, eleva a un 85% nos hospitais e a un 55% nos centros de primaria o seguimento dun paro no que persoal médico reclama un estatuto propio e mellora nas súas condicións laborais na sanidade pública galega.