O persoal de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro suspende os paros tras lograr que a dirección comprometa reforzos e obras de ampliación. O persoal comezou a secundar paros diarios o 7 de xaneiro ante "o colapso do servizo".
O persoal de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro suspende os paros tras lograr que a dirección comprometa reforzos e obras de ampliación. O persoal comezou a secundar paros diarios o 7 de xaneiro ante "o colapso do servizo".
A opositora venezolana María Corina Machado entrega a Trump a súa medalla do Premio Nobel da Paz. A Casa Branca divulga a través das redes sociais a imaxe dun encontro que chega apenas dúas semanas despois de que os EUA bombardeasen varios puntos de Venezuela e secuestrasen o presidente Nicolás Maduro, actualmente preso en territorio estadounidense. [Imaxe: © Casa Branca]
Inditex pecha a primeira tenda de Zara, na rúa Juan Flórez da Coruña, que abriu as súas portas en 1975 e foi reformada o ano pasado durante a celebración do 50 aniversario da marca textil [📸 © Inditex]. A empresa comunica que as traballadoras serán trasladadas aos outros establecementos de Zara na cidade.
Un mariñeiro falecido e outro ferido grave en augas de Irlanda, ambos da tripulación do arrastreiro con base en Vigo 'Novo Alborada', segundo confirma Salvamento Marítimo. [Fotografía do barco © Ministerio de Pesca]
Os xestores de Alu Ibérica, sancionados con 20 millóns por saquear e fomentar a quebra das antigas fábricas de Alcoa na Coruña e Avilés. Un xulgado de Oviedo declara como culpable o concurso da empresa, que provocou o despedimento de case 600 traballadores, na que é a primeira sentenza pola xestión da compañía das factorías de aluminio.
O Sergas cifra en case o 23% o seguimento da folga médica na súa segunda xornada, que rolda o 30% nos hospitais. O'Mega, un dos sindicatos convocantes, eleva a un 85% nos hospitais e a un 55% nos centros de primaria o seguimento dun paro no que persoal médico reclama un estatuto propio e mellora nas súas condicións laborais na sanidade pública galega.
Dous ex-alcaldes do PP en Miño admiten que prevaricaron ao prorrogar contratos de xeito ilegal. Juan Maceiras e Jesús Veiga pactan coa Fiscalía ao comezo do xuízo para rebaixar as súas penas. A Fiscalía pedía dez anos de inhabilitación para Maceiras e Veiga por prevaricación e para o segundo outros cinco anos de cadea por malversación.
O cumio autonómico sobre financiamento remata co rexeitamento de todos os territorios agás Catalunya. A ministra Montero traslada ás comunidades que a adscrición ao novo modelo será voluntaria. Miguel Corgos, conselleiro de Facenda da Xunta, cre que a proposta "só consiste nun anuncio de incremento de recursos para todas as comunidades, como se estivésemos nun saldo". Foto: Ministerio de Facenda.
Tellado eloxia que persoal dos medios públicos "denuncie sectarismo" e "manipulación" como un "exercicio de profesionalidade e honestidade". O 'número dous' de Alberto Núñez Feijóo na dirección estatal do PP refírese a RTVE. Concretamente, a un informe do Consello de Informativos de Televisión Española sobre os programas Malas Lenguas e Mañaneros, coproducidos por empresas externas e aos que atribúe nesgos xornalísticos e malas praxes profesionais. Persoal da CSAG -antiga CRTVG- esixe dende hai anos a creación dun Consello de Informativos como unha das vías para frear a "manipulación" informativa nos medios públicos galegos, que tamén relacionan coa externalización de diversos programas.
Sirât entra con bo pé nos Premios Goya, é a segunda película con máis candidaturas, só por detrás de Los domingos. O filme de Oliver Laxe é finalista en once categorías: Mellor película, dirección, guión orixinal, dirección de producción, dirección de fotografía, montaxe, son, música orxinal, dirección de arte, efectos especiais e maquillaxe e perruquería.
Decorado, de Alberto Vázquez, opta ao Goya á Mellor longametraxe de animación.
Tamar Novas opta ao Goya como Mellor actor de reparto por Rondallas, rodada en Galicia, de Daniel Sánchez Arévalo.
A película de Carla Simón rodada en Vigo, Romería, opta a seis premios: deseño de vestiario, guión adaptado e dirección para Carla Simón, Mitch ao mellor actor revelación, Llúcia García á mellor actriz revelación e Miryam Gallego á mellor actriz de reparto.