Tellado eloxia que persoal dos medios públicos "denuncie sectarismo" e "manipulación" como un "exercicio de profesionalidade e honestidade". O 'número dous' de Alberto Núñez Feijóo na dirección estatal do PP refírese a RTVE. Concretamente, a un informe do Consello de Informativos de Televisión Española sobre os programas Malas Lenguas e Mañaneros, coproducidos por empresas externas e aos que atribúe nesgos xornalísticos e malas praxes profesionais. Persoal da CSAG -antiga CRTVG- esixe dende hai anos a creación dun Consello de Informativos como unha das vías para frear a "manipulación" informativa nos medios públicos galegos, que tamén relacionan coa externalización de diversos programas.
- Os medios públicos fan medio ano co seu Consello de Administración en funcións
- HEMEROTECA | O PP frea a tramitación da ILP para "liberar" os medios públicos alegando que as "presións" veñen de BNG e PSdeG
- HEMEROTECA | Segunda dirección dos medios públicos do PP dende 2009 tras trece anos a esquivar a lei