O PPdeG propón para o Tribunal Constitucional a Roberto Blanco Valdés e Juan Raposo Arceo. O Senado elixe os catro maxistrados do Constitucional que lle corresponden de entre as propostas que formulan os parlamentos autonómicos, e esta será a que faga o Parlamento de Galicia o vindeiro martes grazas á maioría coa que conta o PP. Na imaxe, da Xunta, Blanco Valdés.