Abanca rexistra a súa cifra récord de beneficios, con máis de 711 millóns en 2023. É o triplo que en 2022 e débese, segundo o seu presidente, Juan Carlos Escotet, á "indiscutible boa xestión" e á "resiliencia" da economía e a "fortaleza" do emprego.
Fálase
18F | O PP difunde un vídeo no que Ayuso pide que "os galegos escoiten a España" para que "Galicia non caia nas mans dos nacionalistas" que "crean identidades coas que seguir vivindo na poltrona". A presidenta madrileña participa na rolda de vídeos gravados por dirixentes autonómicos do partido para apoiar a candidatura de Alfonso Rueda. A formación conservadora preséntaos coma "os presidentes máis riquiños".
- "Grazas por todo o que fixeches estes anos", di Rueda a Feijóo, que proclama: "esta é a nosa obra"
- Feijóo busca o seu plebiscito virando as eleccións galegas nunha sondaxe "sobre o que acontece en España"
- Sánchez considera "desprezable" a expresión "me gusta la fruta" para insultalo, como fixo o PPdeG no seu v´deo
Xa está en marcha a mobilización de SOS Sanidade Pública no centro de Santiago, á que acoden milleiros de persoas e líderes das principais forzas políticas da esquerda xunto a ducias de colectivos e organizacións sociais. O máis destacado da manifestación, hoxe en Praza.gal.
#18F Ana Pontón compromete "un novo modelo público de atención" á terceira idade. Nun encontro con maiores, a candidata do BNG á presidencia asegura que, se goberna tras o 18F, ampliará servizos como xantar na casa ou axuda no fogar, ademais de garantir "dúas prazas por cada 100 maiores" en centros de día, garantindo "que haxa cando menos un por comarca". En canto ás residencias, di, a súa prioridade é un modelo "máis personalizado, de centros máis pequenos" e cun sistema de "xestión pública" que tamén atinxa ás xa doadas pola Fundación Amancio Ortega nas cidades.
#18F Marta Lois defende "levar as mesmas políticas útiles que fai Sumar no goberno do Estado á Xunta" e asegura que a súa aposta é un Goberno de coalición con BNG e PSdeG "se deixamos a Rueda fóra". Afirmouno nun mitin en Ferrol no que recibiu o apoio de Yolanda Díaz e Íñigo Errejón.
Os 26.000 millóns de beneficios da banca española son 20 veces máis do que paga polo imposto extraordinario aplicado polo Estado. É unha información de infoLibre
O paro sobe en 1.597 persoas en xaneiro tras o final da campaña de Nadal en Galicia, que destrúe máis de 11.700 empregos.
A Cadena SER emite a partir das 9.00 horas un debate entre os candidatos das tres forzas con representación ata agora no Parlamento ao que non asiste Alfonso Rueda. O PP elixiu o seu portavoz parlamentario, Alberto Pazos, para enfrontarse a Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro. De momento Rueda só confirmou a súa asistencia ao debate do vindeiro luns na TVG.
O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, avanzou este xoves nun acto de Sumar Galicia na Coruña “a constitución dun grupo de traballo específico para o reforzo e o impulso da creación en galego” para a “defensa” da nosa lingua. Urtasun acompañou a candidata da formación, Marta Lois, e mais a escritora Marilar Aleixandre na presentación das súas propostas culturais e destacou o “momento extraordinario” do audiovisual galego, “liderado ademais por mulleres”. Lois tamén fixo fincapé na reestruturación da CRTVG que Sumar inclúe no seu programa electoral. “O dereito á comunicación é un dereito democrático dos galegos e galegas e non pode ser utilizado de maneira propagandística”, sinalou. [Foto: Sumar Galicia]
Os bombeiros comarcais e os Consorcios Provinciais Contraincendios e Salvamento chegan a un acordo que pon fin á folga dos últimos oito meses. O texto, asinado por representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras. Tamén se prevé crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova Relación de Postos de Traballo.