#18F Ana Pontón compromete "un novo modelo público de atención" á terceira idade. Nun encontro con maiores, a candidata do BNG á presidencia asegura que, se goberna tras o 18F, ampliará servizos como xantar na casa ou axuda no fogar, ademais de garantir "dúas prazas por cada 100 maiores" en centros de día, garantindo "que haxa cando menos un por comarca". En canto ás residencias, di, a súa prioridade é un modelo "máis personalizado, de centros máis pequenos" e cun sistema de "xestión pública" que tamén atinxa ás xa doadas pola Fundación Amancio Ortega nas cidades.
