18F | O PP limítase a evidenciar que Rueda acudirá ao debate electoral da CRTVG (5 de febreiro) e evita confirmar a súa presenza no de RTVE (14 de febreiro), onde xa aceptaron participar Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG). O actual presidente e candidato popular non acudirá ao convocado pola Cadena SER e a secretaria xeral e xefa de campaña da formación, Paula Prado, di que "o partido" estará en todos os encontros, non así o cabeza de cartel. Na campaña das pasadas eleccións xerais, Feijóo ausentouse do debate ao que o convocara RTVE, mentres si acudiran PSOE, Sumar e Vox.
- Máis ganas de cambio e confianza na alternativa: os datos do CIS impulsan a chamada á mobilización da esquerda
- HEMEROTECA | O PP accede a un só debate 'a catro' na TVG e esquiva que Rueda vaia a encontros cara a cara
- DATOS | A activación do voto urbano de esquerdas que adoita absterse nas Galegas, clave do 18F