🇵🇸Múltiplos concellos acollen este venres concentracións de condena ao xenocidio en Gaza respondendo á convocatoria da Fegamp para amosar rexeitamento dende os gobernos locais e provinciais "á ofensiva militar e o mantemento do bloqueo humanitario executado polo goberno de Israel contra o pobo palestino". A asociación municipalista convida a acompañar estes actos "coa lectura de textos nos que se demande que o goberno israelí cese os ataques e a ocupación militar contra a poboación palestina de Gaza". Na imaxe, pancarta contra o xenocidio no Concello do Rosal.
- A comisión de investigación da ONU conclúe que "Israel é responsable de cometer un xenocidio en Gaza"
- "Hai ferramentas para deter violacións de dereitos. Fíxose con Rusia e non vexo por que non se podería facer con Israel"
- "De Gaza non se pode escapar, está pechada a cal e canto por Israel"
- Rueda evita chamar xenocidio ao que pasa en Gaza: "Unha auténtica salvaxada que ten que parar canto antes"
